15 de abr. de 2010

CAMPOSANCOS

A PASAXE

O ÓXIDO CAMPA A SÚAS ANCHAS NAS INSTALACIONS DO EMBARCADOIRO DO FERRI


Reportaxe fotográfica: Santi Baz Lomba / A Guarda








Infogauda / Camposancos

As imaxes de Santi Baz Lomba, indican de forma irrefutable, que no peirao da Pasaxe (Camposancos), no termo municipal de A Guarda, onde atraca o transbordador - ou ferri -, "Santa Rita de Cássia", e por onde supostamente teñen pasado algúns munícipes da Casa Nostra, no seu itinere xacobino fotográfico; a ferruxa fáise notar. É ún dos síntomas evidentes - unha vez máis - do abandono, do tira pra diante,..., e doutras expresións o uso, que algúns semellan aplicar no seu día a día.

E cando decimos algúns, non nos referimos a un particular-cidadán-contribuinte, que por diversas razóns poida que nalgunhas circunstancias tal vez non poida adicarlle unhas horas o mantemento do seus bens patrimoniais, é decir, o choio de quitar a ferruxa, darlle unha boa mán de pintura antióxido e logo un par delas de esmalte para exteriores. Non. Referímonos as súas señorías, os membros do chamado Grupo Municipal de Goberno do Concello da Guarda. A esas persoas que non teñen empalago en retirar ou reemprazar, todo canto teña reminiscencias do pasado municipal máis inmediato. Xa sexa as valas publicitarias, a páxina web, o pintado do contradique de Punta Xenete, etc., etc.. Para todo eso, e para outras historias máis, non semellan faltar os recursos económicos suficentes. Polo tanto non caben disculpas recorrendo a asuntos pecuniarios.

Para pintar - ou instar a que as pinten -, as instalacións do embarcadoiro da Pasaxe, soio fai falla, un pouco de iniciativa persoal, dilixencia e senso da responsabilidade que conleva ostentar temporalmente, un cárrego público. Porque recursos humanos e medios materiais, hainos. Falla o demáis.

______________________________________

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA

Anónimo dixo:

O Xan Telmo anda moi atinado para que o vexan no camiño da raia amarela (timo da estampiña).Na última etapa presumía de ser o promotor e o idealista. É moi relixioso pero pecha os ollos antes os desperfectos do pobo, ilegalidades etc...

Anónimo dixo:

O Sr. Alcalde vainos de perejrino a facer o Camiño de Santiago, e escomenzou en Portugal, cando cruzou o Miño debía estar mareado porque non mirou a cantidade de porcalladas que teñen as varandas do muelle de atraque do ferri, a cantidade de herba e lixo que hai arredor e outras porcalladas. Tanto presumir que o PARTIDO do ESPAÑOL (sin obreiros e socialistas) é LAICO, e non se cansan de ir os comercios de VIGO a mercar traxes e modelitos para ir as PROCESIONS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario