3 de mar. de 2010

OURENSE

APERTURA DA EXPOSICIÓN “GALICIA INNOVADORA E CREATIVA”


Mañá, xoves, día 4 de marzo, a partires das 11:00 horas, abrirase ao público a exposición “Galicia innovadora e creativa”, que recolle material dun concurso de fotografía organizado pola Fundación Galicia Europa, en colaboración coa dirección xeral de Promoción e Difusión da Cultura e a dirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Infogauda / Ourense
O certame baseouse na celebración do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación e dende Europa considerase necesario potencialas actitudes creativas da poboación.O primeiro premio deste certame reaceu na fotografía “As ás do vento”, de Arturo Magán Escariz.A mostra poderá verse no centro Cultural da Deputación ate o vindeiro día 14 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario