31 de mar. de 2010

OURENSE

CINCO NOVOS CURSO PROGRAMADOS POLO SERVIZO DE FORMACIÓN


Infogauda / Ourense

Un total de cinco novos cursos principian este luns, día 5 de abril, organizados polo servizo de Formación Contínua da Deputación provincial de Ourense e que abordan asuntos como inglés informático para persoal da administración, operadores de maquinaria no sector da construcción ou o manexo de ferramentas informáticas (Excell) ademais do deseño de páxinas web.
Os cursos desenvolveranse no Centro Cultural da Deputación, na aula de informática do concello de O Barco de Valdeorras, nas aulas de Postal Escuela de Negocios e na aula de informática do concello de O Carballiño.Con estas medidas, a deputación tamén descentraliza a súa formación, facilitando o acceso á mesma a traballadores da administración local das comarcas do Carballliño e Valdeorras.Os cursos principian ás 17:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario