8 de mar. de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN PROMOVE EN OURENSE O ENCONTRO DO GRUPO EUROPEO DA CASTAÑA



A Deputación promove a celebración na cidade de Ourense dun encontro do Grupo Europeo da Castaña, que terá lugar no Centro Cultural os vindeiros días 11 e 12 de marzo.

Infogauda / Ourense


Este encontro, no que participarán representantes do sector de España, Portugal, Italia, ou Francia, t entará analizar a situación actual e presentar liñas de actuación para o futuro, tanto no eido da producción como da transformación e comercialización da castaña.A cohesión dos productores dentro da Unión Europea será un dos principais asuntos a tratar, co obxectivo de facer fronte á compoetencia asiática, que ten en China a un grandioso productor.

O segundo dos aspectos é analizar as diferentes variedades de castaña a decidirse pola producción daquelas que sexan máis convintes e máis apropiadas.O presidente da Deputación, José Luis Baltar, referíuse á necesidade de revitalizar o medio rural e reiterou o apoio da Deputación a estas iniciativas. Tamén se amosou especialmente satisfeito polo feito de que a Indicación Xeográfica Protexida da castaña teña a súa sede en Ourense.A organización deste encontro corre a cargo do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).

Ningún comentario:

Publicar un comentario