A DEPUTACIÓN COLABORA NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MÓBILES EN TODA A PROVINCIA DA ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS FÍSICOS DE O CARBALLIÑO
A Deputación de Ourense, no seu apoio aos colectivos sociais de discapacitados de Ourense, colaborará na campaña de recollida de teléfonos móbiles usados que ven de poñer en marcha a Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e comarca.
Esta iniciativa ten como obxectivo contribuír á mellora do medio ambiente e tamén impulsar a creación de emprego no colectivo de persoas con discapacidades físicas, para o cal se repartirán por toda a provincia de Ourense as chamadas “Ecocaixas” nas que se recollerán os móbiles usados.A Deputación de Ourense, segundo confirmou o director do Centro Cultural, Francisco González, colaborará na campaña repartindo más dun centenar de caixas polos concellos da provincia, así como por todos os organismos dependentes da Deputación, principalmente en aqueles onde haxa un maior número de xóvenes, a quen vai fundamentalmente dirixida a campaña. Así, ademais dos concellos, a Deputación repartirá ecocaixas na Escola de Gaitas, Pazo Paco Paz, Centro Cultural e no Pazo Provincial, entre outros.Gerardo Pinto, secretario de asociación, explicou que a campaña terá unha duración de 3 meses e consiste na recollida de móbiles, “porque non só se traballa polo medio ambiente, senón que co nesta iniciativa queremos que axente se conciencie de que recollendo un móbil usado facemos unha gran labor social e a suma de moitos nos axuda a crear emprego”.

Pola súa banda a presidenta da asociación, Sara Cid, afirmou na presentación da campaña que tamén a farán extensiva aos colexios e institutos de Ourense, así como grandes superficies, supermercados, empresas e asociacións de veciños. Sara Cid explicou que a Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e comarca está formada por 119 socios, dos cales o 80% son discapacitados, e leva a cabo programas de inserción laboral, ocio e tempo libre, rehabilitación e eliminación de barreiras arquitectónicas. Na asociación traballan unha traballadora social, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario