O BNG afirma que o PXOM será un fracaso porque se basea en estudos económicos e da evolución da vivenda desfasados

Denuncian que se van legalizar obras de especuladores que o Alcalde deixou construír sendo sabedor da súa ilegalidade
Ademais alegan que será aprobada unha nova Lei do Solo a semana próxima que obrigará a adaptar todo o Plan Xeral a nova lexislación
Infogauda / O Rosal

O BNG do Rosal presentará varias alegacións á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que actualmente está a exposición pública, baseándose principalmente en tres cuestións de fondo, os estudos económico e da evolución do mercado inmobiliario no que se basea; a lexislación vixente que será modificada nunha semana e por último; na estratexia do Plan, na cal se define ao concello como residencial.
Así llo fixeron saber aos veciños e veciñas que se deron cita nunha reunión informativa da formación nacionalista celebrada o pasado luns, na que explicaron detalladamente as alegacións que presentarán.
Estudos económico e do mercado inmobiliario obsoletos
Así, o responsábel local do BNG, Alberte Alonso Pereira, explicou que “o Estudo Económico do documento está obsoleto, ao non adaptarse ás circunstancias económicas actuais, por ser elaborado maioritariamente con datos do quinquenio 2000-2004 ou no mellor dos casos, ata o 2007. Non é preciso explicarlle a ninguén que dende o 2008, a situación económica é radicalmente diferente á que no seu día se utilizou para a elaboración do Estudo Económico deste PXOM e que, para desenvolver este é preciso que se basee en datos económicos reais co fin de que o mesmo sexa viable economicamente e non un auténtico fracaso”.
Do mesmo xeito, indicou que os datos dos que se parte para estudar a evolución do mercado inmobiliario e da produción de vivenda, tampouco se adaptan á actual situación de crise xeneralizada, e sobre todo no sector da construción por razóns de todos coñecidas.
Nova Lei do Solo
Así mesmo, engadiu que despois de varios anos de espera para a aprobación inicial do PXOM, e tendo en conta que actualmente o Parlamento Galego está debatendo unha nova Lei do Solo que modifica significativamente a actual, que será aprobada na vindeira semana, “parece pouco aconsellable aprobar o presente documento en base á lexislación actual, cando se sabe que haberá que adaptalo a nova Lei en breve”.
Para o BNG as tres cuestións antes mencionadas desvirtúan por si soas o documento que se pretende aprobar inicialmente, polo que propoñen a súa total revisión no sentido apuntado.
A estratexia do Plan
Asemade, tamén apuntan que o documento parte da premisa de que o concello do Rosal debe ter vocación residencial pola influencia da Guarda e da Área de Influencia de Vigo, “premisa que nós consideramos errónea -cando menos parcialmente-, pois este concello sempre foi agrícola e, aínda que a política dos diferentes gobernos do PP pretende acabar con esa actividade, nós consideramos que pode e debe ter futuro, pois acreditamos nun sector agrícola que aposte pola produción de alimentos seguros e de calidade”. Isto, xunto coa “posta en valor do propio territorio, dos seus recursos, do medio e da paisaxe...para poder 'vendelo' cara a fóra e potenciar o turismo de calidade, respectuoso co medio e co xeito de entender a vida no rural” debería ser a aposta estratéxica do Plan para o BNG.
Alberte Alonso, indica que “non se entende ese afán por darlle carácter residencial ao Rosal, cando na propia documentación do PXOM se afirma, de xeito contraditorio, que o maior crecemento do parque de vivendas na comarca nos últimos anos é en 'vivendas non principais' e non en vivendas para ser habitadas de xeito continuado, que é o que se debe entender como 'residencial'”.
Solo Urbano sen abastecemento de auga público
Pola súa banda, o concelleiro nacionalista, Eladio Fernández Portela, informou que nunha das zonas delimitadas como Solo Urbano, o servizo de Abastecemento de Auga non é público, senón que depende da concesión a Comunidades de Usuarios que xestionan os veciños, entendendo o edil nacionalista que, cando menos nos núcleos urbanos, “debería ser o concello quen asumira este servizo”.
Indicou tamén, que ese mesmo núcleo urbano, que abarca dende Pías até a zona da Mata, inclúe terreos inundables, co cal debería contar dita zona cunha Ordenanza específica para a concesión de licenzas de construción, que propuxera medidas preventivas e correctoras dos posibles perigos de inundación.
Así mesmo, solicitou que os espazos libres que o concello recibirá nas zonas que se propón como urbanizables, deberían estar mellor situados para que non acaben sendo de uso privado. Sinalou tamén, que se botan de menos reservas de espazos para equipamentos e zonas de lecer nos núcleos rurais, concentrando estes espazos só no centro do concello.
Por último, o edil nacionalista, bota de menos que non se habiliten zonas específicas de aparcamento nos núcleos urbanos, cando agora mesmo hai un claro déficit de prazas e que non se contemple a rotonda no cruce de Couselo, que foi unha reivindicación do BNG, finalmente aprobada en pleno, conclúe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario