20 de mar. de 2010

GALICIA

Cultura e Turismo colaborará coa Fundación Otero Pedrayo na divulgación da obra e da figura do escritor ourensán


Roberto Varela e Víctor Freixanes


Infogauda / Galicia


O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor Vázquez Freixanes, asinaron un convenio de colaboración para a publicacións de libros, actualización e mantemento da páxina web sobre o atuor e a realización de actos dirixidos a escolares.



A Consellería de Educación dotará aos centros educativos de 15.000 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto Abalar
O proceso de contratación da subministración dos netbooks será aberto, público e transparente.
Os primeiros ordenadores comezarán a usarse nas aulas o curso que vén.
Política Lingüística ofertará preto de 100 cursos de lingua galega a través de colectivos e asociacións de toda Galicia
Arredor de 2.500 persoas poderán prepararse para a obtención do Certificado de lingua galega grazas a estes cursos da secretaría xeral.
Aberto o prazo para inscribirse no cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros que organizan o departamento que dirixe Anxo Lorenzo e a Universidade de Santiago de Compostela.
Cultura e Turismo achegará 800.000 euros aos concellos para a mellora das instalacións destinadas a actividades culturais
A dotación das axudas será destinada ao equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala e sistemas de prevención e seguridade así como á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
Este domingo comeza en Galicia a tempada de pesca 2010
O director xeral de Conservación da Natureza visitará dous coutos preto de Santiago, para supervisar o inicio da campaña.
Medio Rural editou unha completa guía informativa, dispoñible on line, coas principais novidades deste ano.
A Consellería de Medio Ambiente adxudica as obras do colector xeral de San Simón no concello de Tui, que contará cunha inversión de máis de 720.000 de euros
O colector de San Simón recollerá as augas residuais do río Louro para ser tratadas na Edar de Guillarei.
A Xunta financiará os custes dun proxecto que beneficiará a máis de 1.500 habitantes
O prazo de execución das actuacións é de 8 meses e as executará a empresa “Sercoysa Proyectos y Obras S.A.”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario