24 de mar. de 2010

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL OFRECERÁ DOUS CONCERTOS ESTE MES
- Un terá lugar o vindeiro domingo no Auditorio Municipal do Rosal é o seguinte será no Centro Cultural Caixanova, de Vigo
Montserrat Domínguez Otero / O Rosal
A Agrupación Musical do Rosal levará a cabo nos primeiros días da primaveira dous concertos baixo o nome de "Sons Galegos", nos que só se interpretarán obras de temática galega e nos que terá lugar a estrea de dúas obras.
O primeiro terá lugar o vindeiro 28 de marzo ás 18:30 h. no Auditorio do Rosal e o segundo o mércores 31 de marzo ás 20:30 h. no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova (Teatro García Barbón) en Vigo.
As persoas interesadas en asistir a este último concerto poden reservar a entrada (gratuíta) na oficina da Agrupación, no Auditorio do Rosal ou chamar ós teléfonos 986 626 311 ou
609 866 792.
Para os interesados que desexen acudir en autobús dende O Rosal (opcional) teñen que anotarse tamén na oficina. O prezo do viaxe é de 7,00 eur.

Ningún comentario:

Publicar un comentario