24 de mar. de 2010

GALICIA

Feijóo anuncia que o novo plan integral re-Móvete Automoción potenciará cinco liñas básicas: “a fabricación, a industria auxiliar de compoñentes, a comercialización, a eficiencia enerxética e o apoio ao clúster da automoción”


· O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, clausurou a asamblea do Clúster da Automoción
Autora: Ana Varela
Infogauda / Galicia
O titular da Xunta destaca que o plan servirá “non só para axudar ao sector nestes momentos de crise, senón tamén para fortalecelo de cara a garantir o seu futuro”.
Resalta que o programa “atenderá ao sector da fabricación”, apoiando “ás plantas ensambladoras” cunha dotación económica que oscilará entre os “35 e os 40 millóns de euros”.
Apunta que se “seguirá apoiando á industria auxiliar de compoñentes”, impulsando á innovación e o desenvolvemento de novos investimentos cunha dotación de 60 millóns de euros.
Adianta unha achega inicial de seis millóns “para axudas á compra de vehículos coa finalidade de compensar o efecto negativo da subida do IVE sobre as ventas”.
Anuncia a posta en marcha de axudas para “a compra de vehículos eléctricos e híbridos, que alcanzarán ata o 15% do prezo do vehículo novo, e ata 7.000 euros no caso de vehículos eléctricos”.
Sinala o anticipo de “ata o 80% dos importes das achegas ás empresas sen necesidade algunha de garantías”.
Lembra a aposta da Xunta pola automoción co investimentos realizado xa do plan re-Móvete e os 60 millóns de euros do re-Móvete Industrial.
Política Lingüística e a Real Academia Galega presentan en Pontevedra a obra ‘Celebración de Uxío Novoneyra’


· O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, durante a presentación da publicación
Anxo Lorenzo e Xosé Luís Méndez Ferrín recordaron a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A publicación, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, recolle preto de medio cento de prosas inéditas do escritor do Courel.

Feijóo avanza un novo plan de apoio aos 40.000 empregados da automoción galega con medidas para a totalidade do sector, por valor de 120 millóns de euros

· Feijóo, esta mañá no Parlamento

Autor: Xoán Crespo

O plan investirá “entre 35 e 40 millóns de euros en PSA-Citroën de cara a desenvolver novos modelos en Galicia”, e apoiará “a industria auxiliar con 60 millóns de euros, a comercialización e a eficiencia enerxética.
Adianta que “nos próximos 15 días” licitarase un concurso eólico “transparente de 2.300 megavatios”, o que suporá a xeración de negocio “por máis de 2.300 millóns de euros”.
Oponse a nova proposta orzamentaria do Goberno central que persegue “furtar a Galicia 111 millóns de euros”.
Lembra que o seu Goberno afrontou “un Plan de Austeridade nos primeiros cincuenta días, e un Plan de Choque durante os cen primeiros días de Goberno, que supuxo a reestruturación do presuposto nun 11%”.

Ler máis.

O Consello da Xunta aprobará mañá o recurso de inconstitucionalidade do FROB
O Goberno galego considera que o Decreto- Lei do Executivo central quebranta as lexítimas competencias de Galicia en materia de caixas de aforros.
Rueda remarca que a Xunta recorre ao Tribunal Constitucional tras esgotar todas as capacidades de negociación.

Ler máis.

O IGVS recuperará en abril o control do programa de aluguer, que a antiga Consellería de Vivenda puxera en mans de persoal alleo á Xunta de Galicia
A recuperación da xestión permitirá ademais un importante aforro económico e un notable incremento do rendemento do persoal.
En 2009 o programa, externalizado, tivo un custe de preto de 2,5 millóns de euros. En 2010 custará menos de 900.000 euros.
Pasarase de 53 persoas alleas á Xunta na actualidade a 21 interinos nun primeiro momento, número que se incrementará ata un máximo de 37.
Os cambios na xestión das axudas de aluguer non son improvisadas nin collen por sorpresa ás persoas que ata o de agora se encargaban do servizo, xa que no pasado mes de decembro se resolveu unha parte da encomenda, sen que xurdira ningún problema, e se comunicou que o 31 de marzo remataba o resto.

Ler máis.

Sanidade garante no Parlamento a gratuidade, universalidade e carácter público dos novos hospitais públicos de Vigo e Pontevedra


A asistencia sanitaria será 100% pública, gratuíta e universal, e prestada por profesionais do Servizo Galego de Saúde, que será quen realice a xestión sanitaria.
Farjas Abadía pediu á oposición que explique “por qué se esforzan en negarlle aos vigueses e pontevedreses os hospitais que constrúen do mesmo xeito alí onde gobernan”.
O obxectivo da Xunta é mellorar o servizo e a asistencia cunhas instalacións modernas, dotadas de alta tecnoloxía, ben dimensionadas, pensadas para os cidadáns, e con visión de futuro.
Ler máis.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa na costa galega
Afectará ao litoral da Coruña e Pontevedra a partir das 06.00 horas de mañá, xoves, e ampliarase á costa lucense a partir do venres.
O mar de fondo poderá superar os 5,5 metros no suroeste da provincia da Coruña e toda a costa de Pontevedra a partir do venres.
Ler máis.

A Xunta non vai privatizar o servizo de loita contra o lume forestal
Diante do aluvión de consultas dos medios de comunicación a partir da información publicada hoxe por Faro de Vigo, Medio Rural aclara que se contrata unha mínima parte do servizo, para reforzar o labor da propia Xunta.
Usar unha asistencia técnica para estes traballos é unha práctica habitual, que ata o de agora se encomendaba a Seaga, e esta, á súa vez, encargaba a unha empresa privada especializada e solvente parte dos labores
.
O libro "A Apocalipse", de Fray Luís de Oseira presentouse hoxe na Casa de Galicia en Madrid

· Presentación do libro A Apocalipse, de Fray Luís de Oseira
A obra reproduce as pinturas e reflexións do polifacético monxe que interpreta unha versión actual do fin do mundo dende o retiro da súa cela no mosteiro ourensano.
Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario