OS GRUPOS MUNICIPAIS DA OPOSICIÓN DO CONCELLO DA GUARDA DEMANDAN CONXUNTAMENTE AO GOBERNO GUARDÉS SOLUCIÓNS AO APARCAMENTO EN FERNANDEZ ALBOR
Infogauda / A Guarda
En resposta ás demandas dos veciños da Avenida Fernández Albor, e co motivo das obras qque se están levando a cabo coa construcción da Senda Litoral; os grupos municipais do Partido Popular, Terra Galega-Iniciativa Veciñal e Bloque Nacionalista Galego, respectivamente, que corresponden á oposición do concello da Guarda, presentaron no rexistro municipal de entradas, unha petición conxunta de Pleno Extraordinario.
Os puntos que tódolos grupos municipais da oposición queren levar a unha sesión plenaria extraordinaria do Concello de A Guarda, céntranse - segundo informaron a Infogauda - na habilitación de aparcadoiros, carga e descarga, prazas reservadas para minusválidos e zoas para á ubicación de contentores de lixo, ao longo da rúa, e a habilitación doutra zoa de aparcadoiro na rotonda fronte á fonte de Santa Catalina.
Segundo os afectados da zona do porto, a experiencia demostra a necesidade de incorporar espazos para vehículos, para que éstes non acaben invadindo as zoas de paseo e disfrute dos peóns.
Segundo os afectados da zona do porto, a experiencia demostra a necesidade de incorporar espazos para vehículos, para que éstes non acaben invadindo as zoas de paseo e disfrute dos peóns.
Os portavoces municipais agardan que con esta medida conxunta e a vontade do equipo de goberno póidanse acometer estas melloras solicitadas por los veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario