Asamblea anual de socios da Asociación San Xerome (A Guarda)
Aprobada a xestión da Xunta Directiva no ano 2009
Infogauda / A Guarda

O pasado sábado dia 27 de marzo, tivo lugar nas instalacións do Centro San Xerome en A Guarda, a Asamblea anual de socios correspondente ó exercicio de 2009.
A Asamblea iniciouse cun emotivo homenaxe a Basilio Moreira Carrero, membro da Xunta Directiva recentemente falecido.
Trala aprobación da acta correspondente e o estado de contas, procedeuse a renovación da Xunta Directiva, da que é baixa Francisco Fernández. A Xunta Directiva actual está formada por: Asunción Dacuña, José M. Tato, Bernardino Estévez, José Ricardo Pravio, Carmen Diego, Carolina Ordóñez, Emilio Alvarez, Pablo Martínez, Eulalia Amorín e Antolín Cadilla súmanselle agora Emilio Lomba e Víctor González. Na primeira reunión da citada Xunta Directiva, asignaranse os cargos e funcións de cada ún dos seus compoñentes.

No capítulo de rogos e preguntas fíxose unha exposición da situación actual do conflicto laboral existente por motivo do horario, ratificándose tanto a Xunta Directiva como os representantes dos traballadores na vía do diálogo como único camiño para superar as diferenzas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario