ESQUERDA UNIDA SAÚDA A MOBILIZACIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SANIDADE A PROL DUN HOSPITAL PÚBLICO PARA VIGO
EU, UNHA VEZ MÁIS, MANIFÉSTASE NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
Esquerda Unida fai un chamamento aos seus militantes, simpatizantes e á cidadanía en xeral para arroupar aos traballadores e traballadoras da sanidade de Vigo na manifestación que tenhen convocada o vindeiro 24 de Febreiro, que sairá dende a rúa Pizarro as 20 h. (fronte o Hospital Xeral).
A Consellería de Sanidade, do PP, quere mudar o plan funcional do novo hospital rebaixando a 900 camas o plan previsto de 1.414 camas, consensuadas e defendidas pola plataforma cidadá pola Sanidade Pública. Pero as empresas privadas presionan a un goberno da Xunta, xa por si entregado ao capital privado, para desorganizar a sanidade pública segundo o seu interese capitalista.
Compre non esquecer que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa parte de responsabilidade nesta situación por canto inaugurou por tres veces o inicio das obras do novo hospital, cando en realidade non colocou nin a primeira pedra, facilitándolle ao PP a súa estratexia privatizadora. Esta estratexia sanitaria do goberno galego non atinxe soamente a Vigo, senón que reproducirase o longo de Galicia. Convén lembrar a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na Lei 15/97 de Habilitación de novas formas en el sistema nacional de saúde que foi apoiada no parlamento espanhol polo PP e o PSOE.
Esquerda Unida, unha vez máis, mobilizarase:

- EN DEFENSA DO PÚBLICO
- POR UNHA BANCA PÚBLICA
- MÁIS IMPOSTOS PARA OS RICOS E MENOS IMPOSTOS
PARA A CLASE TRABALLADORA
- REPARTO DA RIQUEZA
- MENOS GASTOS MILITARES EN MISIÓNS IMPERIALISTAS (Afganistán, Somalia, OTAN) E MAIS GASTO SOCIAL

Ningún comentario:
Publicar un comentario