13 de feb. de 2010

TOMIÑO

NO BAIXO MIÑO O ENTROIDO ESCOMENZOU CO VENRES DE FOLIADA


Infogauda / Tomiño


Ainda que con algunha modificación sobor do programa previsto inicialmente, como por exemplo o lugar de saída, que non foi desde o recinto do Alivio, senón desde Mosteiro, por contar coa infraestructura necesaria para que os participantes pudesen dispor de espazo para mudarse; e tamén en canto o número de comparsas, que foi ampriado no decurso da tarde, compre salientar que este ano, o Venres de Foliada foi un éxito indiscutible, tanto en canto a afluencia de público como en vistosidade das comparsas. E sobor de todo, algo que o público agradece, é que o horario de saída foi prácticamente o anunciado. Non houbo pois, a demora da edición anterior, que foi excesiva. Polo tanto, nosos parabens para á organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario