OS MÁIS NOVOS CORRERON O ENTROIDO POLAS RÚAS DA VILA
A rapazada dos centros educativos de A Guarda, acompañada polos profisionais do ensino, coidadores, nais e pais, sairon onte pola mañá a corre-lo Entroido polas rúas de A Guarda. Partindo de Transversal Troncoso, o desfile pasou por Rúa Galicia, Concepción Arenal, Rúa do Porto e rematou preto do peirao guardés.
Imaxinación, creatividade, bó ambente, ..., foron os ingredintes dunha mañá na que aínda que loceu o sol, ía bastante frío. Pero xa se sabe, que o Entroido é unha tradición própia deste tempo. Alomenos no noso país.
Desde Infogauda, nosos parabéns a tódolos participantes porque demostraron que o Entroido é, sen lugar a dúbidas, unha das celebracións máis populares de Galicia. Na Guarda quedou ben patente.
Infogauda
Ningún comentario:
Publicar un comentario