6 de feb. de 2010

SALVATERRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE CATRO NOVAS AXUDAS COMO PARTE DO PLAN DE INVESTIMENTOS Ó CONCELLO DE SALVATERRA POR 722.128 EUROS


Só na última Xunta de Goberno se aprobaron subvencións en toda a provincia por valor total de 6 millóns de euros

Infogauda / Salvaterra

A Deputación de Pontevedra, reunida na súa última Xunta de Goberno, aprobou a concesión de nove subvencións ó Concello de Salvaterra de Miño para a realización de distintas obras de mellora, correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, por valor total de 722.128 euros.
O abono destas subvencións servirá para sufragar, no citado concello as obras de saneamento na zona de Cabreira e na de Iglesia-Queixeiros (Alxén), a pavimentación da Praza do Castelo, e, por último, a construción dun paso elevado para peóns e o reforzo do firme na rúa do Miño, dende a PO-409 ata a Ponte Internacional.
Ás axudas aprobadas súmanse as concedidas noutros concellos, que só no día de hoxe acadaron os 6 millóns de euros, se ben Louzán recordou que “as actuacións que non chegan os 50.000 euros apróbanse directamente, non pasan por Xunta de Goberno, adxudícanse segundo os convenios correspondentes cos concellos”.
Louzán recordou tamén que este Plan de Investimentos da Deputación axudará ós concellos cun total de 70 millóns de euros destinados a acometer máis de 520 obras en toda a provincia e que posibilitará máis de 3.000 postos de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario