5 de feb. de 2010

O ROSAL

SAN XOÁN DE TABAGÓN

ESTE VENRES, 5 DE FEBREIRO, ÁS 18:00 H. SUBIDA DO ARCO


O deseño do arco de San Xoán de Tabagón é da autoría de Ángel Pérez
Infogauda / San Xoán de Tabagón
A parroquia rosaleira de San Xoán de Tabagón está en festas, que seus veciños e devotos doutros pobos do Baixo Miño honran a Virxe da Saúde e San Brais.
No día de hoxe, arredor da hora de xantar houbo unha grande tirada de fogo graneado" e a tardiña, desde áss 18 h., terá lugar á subida do artístico arco, evento no que participan própios e visitantes, nomeadamente a a mocedade.
Sábado día 6, ás 11 da mañá, fará entrada o grupo de baile Do Lusco ó Fusco.
Pola noite, as orquestras Suavecito e Samba, porán música a verbena apopular.
O domingo, a primeira hora da mañá, tirada de foguetes de palenque. Ás 11 da mañá fará súa entrada a banda de música da Agrupación Musical do Rosal. Pola tarde, hinchables para os nenos e chocolate de balde para todos, amenizando a festa xa de noite, un grupo musical, poñendo o broche final a esta celebración unha gran tirada de foguetes.

ACTOS RELIXIOSOS
Sábado 6 de febreiro:
Celebración solemne de San Brais, bispo e mártir. Ás 10 e 11 da mañá e 6 da tarde, misas rezadas. Ás 12, misa solemne na honra de San Brais con sermón e procesión solemne.

Domingo 7 de febreiro:
Celebración solemne da Virxe da Saúde. Ás 9, 10 e 11 da mañá e 6 da trade, misas rezadas. Ás 12, misa solemne na honra da Virxe da Saúde con sermón e grandiosa procesión.

Todos os días da Novena haberá un confesor á disposición dos romeiros e devotos. Así mesmo, na capela de ofrendas se disporá de velas grandes e pequenas de promesa, exvotos de cera e velóns de ofrenda.

O venres 12 de febreiro, ás 17:00 horas, se celebrará o funeral solemne por todos os romeiros devotos falecidos no ano anterior e ata a actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario