CORES TOURÍS ESTUDIARÁ O PROXECTO DE MELLORA DAS VIVENDAS SOCIAIS MUIÑO DE ABAIXO DA GUARDA
(Remitido)
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu onte aos veciños afectados polo mal estado das vivendas sociais sitas en Muíño de Abaixo, na localidade de A Guarda, que lle transmitiron a súa inquedanza diante da necesidade de reforma destes edificios de promoción pública.
Os veciños, representados por Santos Pacheco Díaz e María do Carme Maquieira Gallego, acudiron á Delegación Territorial acompañados pola portavoz do PP na localidade, Fátima Iglesias Ferreira.
Os veciños, representados por Santos Pacheco Díaz e María do Carme Maquieira Gallego, acudiron á Delegación Territorial acompañados pola portavoz do PP na localidade, Fátima Iglesias Ferreira.
Entre as necesidades que prantexaron os afectados atópase a reforma do interior do edificio, a mellora da urbanización exterior e a transformación da fachada. Da primeira das obras encargaríanse os propios veciños, segundo lle transmitiron a Cores Tourís durante o encontro.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra trasladoulles a vontade da administración autonómica de estudiar as melloras prantexadas.
Pola súa banda, os veciños agradeceron o interese de José Manuel Cores Tourís diante da situación deste edificio de Promoción Pública e cunha antigüidade que supera os 20 anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario