O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL PROPÓN A CREACIÓN DO CERTAME ESCOLAR DE FOTOGRAFÍA "PEPE RIVAS"
Infogauda / A GuardaPara seu debate - é aprobación se procede - na vindeira sesión plenaria do Concello Pleno, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, vén de presentar no concello guardés (rexistro de entradas nº 903, de data 10.02.2010), á seguinte moción:
PREMIO DE FOTOGRAFÍA ESCOLAR “PEPE RIVAS”
D. José Gardeazábal Rivas, adicou a mairía da súa vida a “retratar” a nosa vila e os seus habitantes, tanto no seu aspecto urbanístico como no social, no senso de captar todos aqueles acontecementos relevantes que ocurriron durante a súa longa carreira profesional, o que o convirte nún testigo de excepción da evolución social, urbanística e económica de A Guarda dos derradeiros 50 anos, así como nún historiador gráfico do noso pobo. Durante a súa longa carreira profesional foi acumulando unha serie de fotografías e clichets que hoxen constituen un arquivo imprescindible para conocer a nosa historia máis reciente.
A Guarda, dende a creación da fotografía tivo a sorte de que nela residiran ou naceran unha serie de persoas que plasmaron o acontecer local de todos estes anos, sendo D. José Gardeazábal Rivas “Pepe Rivas” o derradeiro eslabón de fotógrafos profesionais de laboratorio tradicional e artista do retoque e outras técnicas xa desaparecidas pola modernización e a tecnoloxía.
Por todo o exposto:
En agradecemento a toda a súa laboura profesional, a súa traxectoria vital e o seu desinterés e colaboura con distintos colectivos sociais, vimos a presentar para o seu debate e aprobación plenaria a seguinte MOCION:
O Pleno do Concello de A Guarda, aproba instaurar con unha periodicidade anual o concurso de fotografía para escolares “PEPE RIVAS”.
A Guarda, a 10 de febreiro do 2.010
Celso R. Fariñas
Concelleiro - Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario