17 de feb. de 2010

A GUARDA

GUARDESES E VISITANTES DISFROITARON DO DESFILE DE DISFRACES DO MARTES DE ENTROIDO





Infogauda / A Guarda

Na vila de A Guarda, o Martes de Entroido tivo como protagonistas os participantes no desfile de disfraces e comparsas que partiu desde a Rúa San Bernardo até a Alameda, e que foi presenciado por moitísimos veciños e visitantes que disfroitaron coas evolucións e o coorido de todos os que tomaron parte no evento. Por certo, este ano a saída foi máis tarde que en edicións precedentes, cecais para evitar que o público unha vez vise pasar os participantes, saise en dirección a outras poboacións. Aínda así, iso non evitou que moitas persoas partisen en dirección a outros lugares, porque é algo que veñen facendo desde fai anos.
Premer eiquí para acceder á galería de imaxes do desfile de disfraces e comparsas do Martes de Entroido na vila de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario