15 de feb. de 2010

A GUARDA

NOVAS XERACIÓNS DE A GUARDA ALÉGRASE DO INTERESE DE XUVENTUDES SOCIALISTAS POLO FUTURO DOS XÓVENES GUARDESES



Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia / A Guarda
Vimos de ler nun medio dixital de comunicación o fervente interese dunha asociación xuvenil, Xuventudes Socialistas de A Guarda, polo futuro dos xóvenes guardeses. Desde Novas Xeracións da Guarda agradecemos ese acto de xenerosidade pero creemos tamén que o rigor e a memoria, non necesariamente histórica, debería rexer os comunicados de dita asociación.
Non se pode entrecomillar unhas palabras de ninguén, se non son as reais. Se queredes malinterpretar unhas verbas, só pedimos que por favor non as poñades en boca de ninguén, porque estades mentindo e sobre todo faltando o respeto e a intelixencia dos guardeses e guardesas, os que tanto defendedes. Por isto pedimos urxentemente una rectificación pública da nota de prensa, máis que nada porque os guardeses e guardesas merecen cando menos que non se lles minta.
No tocante a defensa dos intereses dos xóvenes guardeses, queremos constatar a insultante demagoxia que o “Partido Socialista” fai deste tema, ¿de verdade creedes que no noso pobo hai 270 xóvenes en disposición de mercar una vivenda?. Agora parece que dende as filas socialistas se lle tén demasiado apego o ladrillo, pode ser que faga falta no noso pobo vivenda máis accesible, pero a construcción de illas en lugares non dotados de servicios é una tolería. E sí, tamén pensamos que dende o Concello deberíase instar a estamentos superiores para que esa bolsa de pisos que existe na Guarda, poida chegar os xóvenes a prezos razoables, por dúas razón principais, a primeira po que sería para xá, non faría falta esperar tres ou catro anos, e a segunda porque algúns deses pisos foron construídos por empresas guardesas, que daban e dan traballo os guardeses; ou ¿é que pensades que esas 270 vivendas as ía facer unha empresa de aquí con xente de aquí?.
E xa para rematar e para realmente ser xustos, Feijóo está realmente comprometido cos xóvenes galegos e guardeses. Unha das súas primeiras decisións foi rebaixar o “imposto de transmisións patrimoniais” dun 8 a un 4% e o de actos Xurídicos Documentados” dun 1% a un 0,3%, mentres que o voso amigo Touriño en 4 anos non fixo nada por nós, bueno sí, os guardeses debémoslle a paralización da infraestructura máis necesaria, a vía de alta capacidade. Eu non quero poder mercar un piso na Guarda, se para traballar teño que deixarme o pelexo e os puntos do carné na estrada. Sexamos serios, moitos de nós temos que fuxir da Guarda non pola falta de vivenda, senón pola falta de traballo e pola nosa lonxanía cos centros de producción. Agora Feijóo comprometeuse cos guardeses no Plan Move, e nestes momentos de crise, por A Guarda e a VAC como prioridade. Señores ese é o camiño. Traballo, infraestructuras e logo, claro que sí, vivenda a bó prezo para o xóvenes guardeses, pero non poñamos o carro diante dos bois. Bueno, o mellor vostedes a sorte de que todos traballades no Concello ou para o Concello, moitos outros temos que buscarnos a vida fora do nosos pobo, e iso sí que é triste. Vivenda digna a bó prezo para tódolos xóvenes guardeses, pero sexamos xustos e respectuosos coa realidade, que por desgracia é a que temos. Xa nos gustaría que cando Touriño gobernaba con mán firme este país, Xuventudes Socialistas houbese defendido o futuro dos xóvenes guardeses. ¿Onde estábades entón?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario