¿OBRAS SEN LICENCIA MUNICIPAL E SEN AUTORIZACIÓN DE COSTAS NO CLUB DE TENIS CODESAL?
Infogauda / Camposancos
A imaxe que lles amosamos - e que nos remesou un lector de Infogauda - corresponde ás instalacións do Club Tenis Codesal, en Camposancos (A Guarda), onde segundo se nos informa, estánse facendo obras sen licencia municipal, e sen autorización de Costas.
Desde a Redacción de Infogauda deixamos constancia, que con licencia ou sen licencia, o Club de Tenis Codesal está en obras desde fai dous anos, como se informa na própia páxina web desa entidade. Se tén ou non, licencia municipal e de Costas, é algo que alguén deberá espricar. Quede constancia que tanto a xunta directiva do Club de Tenis Codesal como o Concello de A Guarda, terán en Infogauda ó correspondente espacio para confirmar ou desmentir esa información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario