Celso Rodríguez Fariñas / Concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega / Iniciativa Veciñal no Concello de A Guarda
Acabo de leer a “carta política” que lle envía aos veciñ@s da rúa Manuel Alvarez que acompaña os “informes técnicos e xuridicos” de desestimación as alegacións presentadas contra a DISCOTECA ENJOY, e a verdade que son para botar gargalladas, se non fora un tema tan serio.
Contesto por alusións e por que me encontro apoiando aos veciñ@s contra unha instalación que vai perxudicar a todos e soio vai favorecer a cinco, (os tres socios, o dono do local e o financista da inversión).
Textualmente dí: Estes foron os pasos, porque non pode ser doutro xeito, que seguiron os gobernos municipais anteriores que concederon as licencias do QUO VADIS, GUESS, SALAMANDRA en Camposancos, etc.. Deses gobernos formaba parte por certo, e votou favorablemente en todas elas, algunha persoa, curiosidades da vida, que hoxe adícase a facer entre os veciños o contrario do que fixo, coa lei na mán, hai poucos anos.
Primeiro, se fora un pouco “non muito” valente, diría o nome da persoa, pero, iso e “pedir peras o olmo”, xa que a súa especialidade é decir medias verdades e deixar caer insinuacións pero nunca dar a cara.
Segundo, estou empezando a entender cando sempre lle contesta aos veciñ@s que vostede non sabe de urbanismo e que tén que consultar cos técnicos. Que quede claro que ninguén o obrigou a ser concelleiro desa área, vostede se nomeou, ¡se non sabe, non se poña! Salvo que haia algún interés particular.
Terceiro, a demostración de que non sabe do tema e é un “analfabeto urbanístico” é cando trata de enganar a xente mesturando bares especiais, pubs e discotecas. Vostede que é membro da Comisión Informativa de Urbanismo do Concello de A Guarda dende a súa creación fai máis de DEZ ANOS, algo debería saber, si quixera.
Pero vaiamos por partes:
Tema: “QUO VADIS” a licencia de bar especial se deu con todas as da Lei. Cando escomenzou a dar problemas, foron abertos diversos expedientes sancionadores e de peche, e se non se pechou definitivamente, foi por haber chegado a un acordo o propietario e os veciñ@s sobre medidas correctoras e de horario. NON TEN LICENCIA DE DISCOTECA. A SUA CAPACIDADE E INFERIOR A 100 PERSOAS.
Tema: “GUESS”, diso debería falar co Técnico Urbanístico que sabe máis que éu, especialmente no momento en que foi administrada por familiares dél. NON TÉN LICENCIA DE DISCOTECA. A SUA CAPACIDADE E INFERIOR A 100 PERSOAS.
Tema “SALAMANDRA”. Si era unha discoteca, pero o exemplo non é moi bó. Por unha banda, estaba nas aforas de Camposancos. A vivenda máis próxima fíxose despois do funcionamento da mesma e non está situada no baixo de ningún edificio.
Pero se temos que entrar a falar de LICENCIAS “raras” ou “sospeitosas” soio un exemplo:
TALLER MECANICO no centro do casco urbano e con patente de corso de ocupar zonas amarelas e azuis todo o tempo que queira sen ser sancionado nunca. ¿esqueceuse desta na carta?
A Guarda, a 21 de febreiro do 2010
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo...
Duro con eles que se están a rir do pobo, is e solo porque confunden a maioría absoluta con absolutismo.
Anónimo dixo...
Vaia papeleta. Nós a pagar, é os de Burgueira e Acevedo, a meter o diñeiro NEJRO, OU OSCURO NA DISCOTECA.
Duro con eles que se están a rir do pobo, is e solo porque confunden a maioría absoluta con absolutismo.
Anónimo dixo...
Vaia papeleta. Nós a pagar, é os de Burgueira e Acevedo, a meter o diñeiro NEJRO, OU OSCURO NA DISCOTECA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario