23 de feb. de 2010

GALICIA

Emerxencias e Interior alerta dun novo fenómeno adverso de nivel de alerta laranxa por choivas moi fortes na Coruña e Pontevedra
Ler máis.

Infogauda / Galicia
A Xunta agarda que o Goberno non dilate o diálogo sobre a Lei de Caixas porque “podería parecerse a un intento de bloquear a negociación”

· Reunión sobre a Lei de Caixas
Xunta e Goberno ratifican os acordos sobre seis dos puntos a debate e manteñen diferenzas sobre os outros cinco.
O Executivo galego denuncia que o Goberno central quixo introducir “cuestións engadidas sobre as xa formuladas no recurso de inconstitucionalidade”.
Economía e Industria estuda axudas para os plans industriais de Citroën en Vigo e consolidar a súa planta como un referente a nivel nacional e mundial


· Javier Guerra mantivo unha reunión co director de PSA Peugeot Citroën Vigo, Pierre Ianni.
Foto: Ana Varela
Javier Guerra reafirma nunha reunión co director do grupo PSA Peugeot-Citroën en Vigo, Pierre Ianni, o seu compromiso co sector da automoción en Galicia.
O conselleiro asegura que a Xunta está a facer os seus deberes e agarda que o Goberno central teña en conta desta volta que a planta viguesa é a máis produtiva de España á hora de asignar axudas aos seus plans industriais.

Roberto Varela entrega o Premio Laxeiro 2010 a Xosé Neira Vilas, “un referente literario, intelectual e, sobre todo, humano”

Xosé Neira Vilas, nunha das súas estadías no Hotel El Molino, de Camposancos
Foto: Infogauda
O conselleiro de Cultura e Turismo participou hoxe na reunión do Padroado da Fundación Laxeiro onde se deu a coñecer o gañador do ‘Premio Laxeiro 2010’.
Roberto Varela destacou a labor da Fundación por “contribuír de xeito notable non só á difusión da obra de Laxeiro senón tamén a promoción de toda a cultura contemporánea galega”.
Ler máis.

Traballo aposta pola creación dunha estrutura de cooperación transfronteiriza en materia de emprego que englobará a catro comunidades e a Portugal

· A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, e a subdirectora xeral de Formación para o Emprego, María Jesús Budiño, no I Foro Anual de Mobilidade Transfronteriza
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, participou hoxe en Cáceres no I Foro anual de mobilidade transfronteiriza.
A Consellería de Traballo concretou cos responsables de Portugal, Andalucía, Estremadura e Castela e León a posta en marcha dunha rede de cooperación entre os seus respectivos servizos públicos de emprego.
Este Foro inscríbese no proxecto Europeo “Ibermovilitas”, que ten como obxectivo impulsar a mobilidade laboral dos cidadáns transfronterizos a través de políticas activas de emprego e que beneficiará ao redor de 200 persoasDíaz López adiantou que en abril se porán en marcha en Galicia os itinerarios integrados de inserción laboral nas especialidades de cociña, atención a domicilio e fabricación mecánica e que comezarán beneficiando a unhas 45 persoas.
Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario