ENTREGA DE DIPLOMAS PRIMEIROS TRES ESTABLECEMENTOS DA II RUTA DA TAPA
Ábaco / A Guarda
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco fixo no día de onte a entrega dos diplomas aos primeiros tres establecementos gañadores da II Ruta da Tapa.
Aínda que todos tiñan ben merecido gañar os primeiros postos, son os “ruteiros” quen sempre teñen a última palabra, eles mesmos foron os que decidiron que o 1º posto o obtivese CASA DO OUTEIRO con 426 puntos degustando a tapa “Brocheta de mar e montaña”, seguido de CASA CHUPA OVOS, quen estivo a tan só de 9 puntos do gañador con 417 ofrecendo unha curiosa tapa co nome de “Gadexo en salsa chirla” e en terceiro lugar está RESTAURANTE JUAN con 382 puntos onde podemos disfrutar dunha deliciosa tapa chamada “Ovos rotos”.
Dende Ábaco queremos darlle novamente a noraboa aos gañadores desta II Ruta da Tapa A Guarda ´09 e por suposto ao resto de establecementos participantes, tamén animar a toda hostalería en xeral a que se animan a participar en futuras campañas previstas para este sector.
¡GRACIAS POR PARTICIPAR, RUTEIROS E ESTABLECEMENTOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario