23 de xan. de 2010

A GUARDA

A S. A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO SEMELLA SER UN POUCO LENTA


Infogauda / A Guarda
Por motivos que obviamente non deu a coñecer, e que semellan ter pouca ou se cadra, nula xustificación, a día de hoxe a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo vén dando mostras inequívocas da súa lentitude no que atinxe a ruta xacobea denominada como Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. Como xa adiantamos oportunamente en Infogauda, na páxina web do Xacobeo 2010 non figuraba esa ruta que procedente de cidades e vilas da orla costeira portuguesa, entraba en terras galegas, a traverso das barcas da pasaxe, desde Caminha até Camposancos, para deseguido transitar pola vila e termo municipal de A Guarda e continua-lo camiño seguendo a ruta "Per Loca Marítima", en dirección o Val Miñor. E posteriormente o Val do Fragoso. E desde ás terras viguesas segue-la ruta en dirección a Redondela, onde conflúen outros camiños.
Hoxendía xa figura na devandita páxina web o Camiño Portugués pola Costa, si bén no mapa de Google non está sinalizado. A verdade é que non se xustifica que a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo aínda non ofreza o itinerario xenérico desa ruta xacobea. Outra cousa é que algunha institución local teña pendente concretar por onde queren dirixir os peregrinos no seu tránsito polo termo municipal vigués. De tódolos xeitos, a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, ben podería adiantar que o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, entra en Galicia, a traverso do río Miño, pasando por A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela, para continuar posteriormente en dirección a Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e chegar finalmente á Santiago de Compostela.
Craro está que en ocasións, para correxir certas carencias, tamén teríamos que contar coa oportuna actuación da instancia municipal, neste caso do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario