AS LOUCENZAS: UNHA ZOA DE MOITO PERIGO Reportaxe (Fotos e texto): Infogauda
Se algúns munícipes - os do grupo maioritario, ou do goberno municipal, para ser máis concretos, e os dos demáis grupos, tamén chamados oposición - do Concello de A Guarda cumprisen coas súas obrigas, nomeadamente os que cobran unhas nada desprezables retribucións en metálico a conta do erario público, probablemente non se darían situacións como á que aquí e agora damos a coñecer.
Se súas "excelencias" - é un decir, evidentemente - do grupo maioritario, tiveran o detalle de preocuparse polas "pequenas cousas", esas que día a día atixen os cidadáns, probablemente non sería necesario chamar á atención dos lugares que presentan un evidente estado de abandono e tamén de considerable perigo. Para mostra, non hai máis que achegarse ata o miradoiro das Loucenzas. Nese lugar, aparte doutros atractivos naturais e paisaxísticos - que certamente non son obra de ningún mediocre -, podemos atoparnos con "perlas" como a que amosamos con detalle, na seguinte imaxe.



Por iso, a día de hoxe, As Loucenzas é un lugar de moito perigo. E desde Infogauda queremos dar a coñecer eses feitos para ver se algúns se decatan da súa gravedade e adoitan as medidas pertinentes - que son ben doadas - para evitar que ninguén resulte danado. Non vaia a ser que alguén se manque e logo ninguén queira saber do asunto, como por certo, xa temos constancia diso.
Rematamos por hoxe, salientando que polo prezo que algúns munícipes lles custan as arcas municipais - é decir os veciños de A Guarda -, coidamos que deberan evitar que estas cousas sean unha mostra de ineficacia e mesmo de ineptitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario