8 de dec. de 2009

O ROSAL

A alarma do muíño das Aceñas

• Comprouse no 2007 e a día de hoxe aínda segue sen colocar

Case 2.000 euros tirados nunha caixa nas oficinas do concello


BNG / O Rosal
No ano 2007 o goberno municipal do PP comprou unha alarma para o Muíño das Aceñas. Custou 1.849,91 euros. En setembro do 2009 aínda segue sen colocar. “Ao parecer” -pois non o teñen claro- está metida nunha caixa nas oficinas do concello. O muíño das Aceñas non ten corrente eléctrica.
No pleno de setembro preguntámoslle a Concelleira de Cultura se estaba colocada
a alarma e se había corrente eléctrica no muíño.
A concelleira contestou alegremente “estamos trabajando en ello”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario