27 de dec. de 2009

A GUARDA

OPORTUNISTAS DO XACOBEO 2010

Participantes na primeira Xornada Simbólica de Peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa ou Monacal
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

Hai moito espabilado. Preconizan o laicismo e non teñen ningunha vergoña en participaren nas procesións. Xa o sabíamos desde fai anos. Son uns oportunistas. Probablemente o deles é figurar. Para que os vexan. E se cadra, cando seus caretos estén impresos nas bandeirolas, cartaces, trípticos e valas electorais, o que pretenden é que as boas xentes que os viron nas procesións - poñamos por caso -, lles voten. É decir, que lles outorguen súa confianza. A verdade é que a estratexia ténlles saído bén. Alomenos, até o día de hoxe. Pero non fallan persoas que opinen que todo iso é "puro teatro".

Puro teatro é tamén, o noso entender, que en vísperas do vindeiro Ano Santo Compostelán, algúns andivesen facendo o "marcado" do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, no termo municipal de A Guarda. Foi puro teatro, porque cando había que estar onde había que estar, e apoiar o que había que apoiar, preferiron quedarse na casa ou ir a pescar.

Onde estaban o sábado día 30 de abril de 2005, cando tivo lugar a primeira xornada simbólica de peregrinación polo "Camiño Portugués pola Costa", que promovera a empresa Vasco Gallega de Consignaciones, S. A., propietaria del Monasterio de Santa María de Oia?

Nesa data, así como nas sucesivas, participaron actívamente un bó número de persoas, a maioría delas pertencentes a Asociación Amigos dos Pazos. Tamén estiveron, o alcalde José Luís Alonso Riego e varios membros do grupo municipal de goberno, veciños de A Guarda e de Oia. Algúns incruso fixeron a 1ª etapa (Caminha - Oia) a cabalo. Os que non vimos por aquel entón, foi os oportunistas. Os que fai unhas semanas andiveron "marcando" o trazado que lles petou, e por onde lles petou. Os mesmos que desde a institución municipal facilitan información os medios que lles peta, e cando lles peta, para dar a coñece-lo a ruta a seguer polos peregrinos. Mentras tanto, os veciños que coa mellor disposición fixeron a etapa do Camiño, desde A Pasaxe até o límite co termo municipal do Rosal, puderon comprobar o lamentable estado de abandono do lavadoiro dos Aloques, preto de San Telmo de Saá, que está bén necesitado dunha axeitada limpeza, reparación e dotación dunha cuberta que hoxendía non tén. Pero craro, até agora, pouca xente podía achegarse por ese lugar, e xa se sabe, se non pasa a xente, tampouco hai renda de votos. Iso é, ou alomenos, así no-lo parece, o que os espabilados pensan.

Continuando o camiño pola faldra oriental do Trega, pódese comprobar que os refugallos da limpeza, foron literalmente botados para ún lado, sen retira-los axeitadamente, de tal xeito que de segueren así, o chegaren os primeiros días da primaveira e até ben entrado o outono, o risco de que o monte arda, irá en aumento. E conste que nada temos en contra das persoas que estiveron traballando na limpeza do camiño. Non é por ahí. A mensaxe vai dirixida os espabilados que visto o visto, semella que nos lles importa que os refugallos non foran oportunamente retirados do monte.

Cando os camiñantes chegan a zoa das Coutadas botan en falla unha axeitada sinalización, sobor de todo, tendo en conta que as persoas que procedan doutras poboacións descoñecen cál é a dirección correcta que - segundo algúns espabilados - deben tomar. Aludimos novamente os espabilados, porque en contra do trazado que a Asociación Amigos dos Pazos deu a coñecer oportunamente, dirixen os peregrinos pola rúa San Bernardo, cando a venerable asociación informou que o camiño ía pola rúa Calvario.

Hai, como poden comprobar, motivos varios para que desde Infogauda, lles relembremos os oportunistas laicistas, que as cousas non se fán de calquer xeito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario