30 ANIVERSARIO DO POLÍGONO DE SAN CIBRAO. LEMBRANZA GRÁFICA E “ARTE NO POLÍGONO”
Coincidindo co 30 aniversario da creación da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, o Centro Cultural da Deputación acollerá unha exposición conmemorativa na que se misturará o testemuño gráfico da historia deste recinto industrial xunto cunha mostra de “arte no polígono”, onde os empresarios ofrecerán á sociedade unha parte desas creacións artísticas que forman parte do patrimonio das súas empresas.Infogauda / Ourense
O Polígono de San Cibrao foi promovido por Caixa Ourense en 1965 e en 1979 nace a “Asociación de Propietarios de Parcelas do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas”. As empresas pioneiras nesta iniciativa foron Barreiros Ourense (posterioremente Forjas de Galicia e actualmente Galfor), Muebles Calvo, Orember e Carrocerías Pérez. A Deputación ten presenza alí dende hai varias décadas.No apartado gráfico, poderase comprobar a evolución desta infraestructura empresarial ao longo dos anos e lembrar diferentes visitas ilustres, como a da S.M. O Rei Juan Carlos.En relación ao apartado artístico, poderanse ver obras de artistas como Alexandro, Outomuro, Vidal Souto, Baldomero Moreiras ou Xaime Quessada, entre outros.A exposición inaugurarase o vindeiro luns,día 9 de novembro, ás 19:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario