QUINI FALARÁ DA SÚA TRAXECTORIA CONVIDADO POLA DEPUTACIÓN

O ex xogador de fútbol Enrique Castro “Quini” será convidado pola Deputación para ofrecer unha conferencia na que explique a súa traxectoria vital, con especial fincapé nos valores que marcaron a súa conducta dentro do ámbito deportivo.
Infogauda / Ourense
“Enrique Castro Quini. O legado dunha v ida” será o título da súa comparecencia, que terá como presentador ó actual adestrador do Sporting de Gijón, Manolo Preciado.O acto terá lugar o vindeiro día 12 de novembro, mércores, a partires das 20:30 horas, na sala bermella do Auditorio da capital.Esta actividade está patrocinada e organizada pola Deputación de Ourense, a través da súa iniciativa Ourense Escola Total de Fútbol de promoción do deporte de base por toda a provincia.Este encontro cun dos mitos do fútbol español ten como finalidade difundir entre deportistas e monitores deportivos valores positivos a desenvolver a través do deporte, dentro dun concepto educativo integral e integrador.A entrada a esta actividade será gratuita e está limitada ao aforo da sala do auditorio (205 persoas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario