3 de nov. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN ORGANIZA UN CURSO DE FORMACIÓN PARA PERSOAL DA CONSTRUCIÓN DAS CORPORACIÓNS LOCAIS



A Deputación de Ourense, a través do seu Negociado de Formación Continua, organiza hoxe e o vindeiro 10 de novembro un curso de formación xeral para persoal do sector da construción, que te como obxectivo proporcionar aos participantes unhas nocións básicas sobre a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais e de seguridade e saúde nas obras de construción.

Infogauda / Ourense
O curso vai dirixido a operarios das brigadas de conservación de estradas e de servizos de vías e obras de infraestruturas das corporacións locais da provincia de Ourense, así como a persoal da Administración Local que desempeñe funcións de vixilantes, capataces, condutores, maquinistas e legoeiros nas brigadas de obras das corporacións locais.As datas de realización do curso –de 8 horas lectivas- serán o 3 e o 10 de novembro, en horario de 9.00 a 13.00 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense.O programa inclúe temas como os factores de risco no traballo, a fatiga laboral, o marco normativo básico en materia de risco laboral, as caídas e os medios de protección, sinalización, primeiros auxilios, actuacións en caso de accidente e dereitos e obrigas. Todo elo coa finalidade de que o traballador acade uns coñecementos elementais sobre as técnicas preventivas sobre os riscos xenéricos asociados á construción. O curso tamén ten unha labor de concienciación, pos entre formados e traballadores se analizan os principais riscos que conlevan determinadas tarefas e actividades da construción.O docente encargado de impartir o curso é o enxeñeiro técnico agrícola Nicolás Chao Fernández, máster en Prevención de Riscos Laborais, Calidade e Medio Ambiente, e consultor e formador de GADI-Servizos de Revención Acreditados.A todos os alumnos que participen no curso con regularidade e aproveitamento outorgaráselle o correspondente certificado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario