6 de nov. de 2009

OURENSE

REUNIÓN DE ESPECIALISTAS EN ANESTESIA E TRATAMENTO DA DOR

Infogauda / Ourense

O Centro Cultural da Deputación acolle este sábado, día 7 de novembro, ao longo de toda a mañá, unha reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor.

Organizado polos doutores Carlos Izquierdo e Alberto Escobar, este encontro serviralle aos especial istas galegos na materia para afondar nos seus coñecementos e debater sobre novas técnicas e novas probas de diagnóstico.A Xerente Xeral do Chou, Eloina Núñez, inaugurará este encontro científico ás 10:15 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario