CURSO AVANZADO DE DESEÑO DE INFRAESTRUCTURAS
A Deputación de Ourense, a través do seu Negociado de Formación Continua, organiza un curso avanzado de “Deseño de infraestruturas de obras lineais coa aplicación istram/ispol”, que ten como obxectivo formar ós participantes nas innovacións deste programa informático, proporcionándolles un motor de edición que lles permita xestionar e manter información vectorial e raster; todo dentro dun contorno especificamente deseñado para que se poidan manexar facilmente as ferramentas que se precise n en cada momento.
Infogauda / Ourense
Outro dos obxectivos é instruír ós asistentes ao curso no uso das ferramentas que ofrece o programa Istram/Ispol para crear, inserir, borrar..., todo iso orientado cara ó traballo con cartografía 3D e cos elementos habituais asociados a un proxecto de construción. Finalmente os alumnos aprenderán a abordar proxectos de deseño de infraestruturas lineais, tales como, estradas, autovías ou tubaxes.O curso vai dirixido a persoal técnico da Administración Local da provincia que desenvolva o seu traballo nos departamentos das áreas ou servizos de arquitectura, enxeñería, infraestruturas, urbanismo ou informática das corporacións locais. Tamén se dirixe o curso a profesionais das entidades locais interesados na ampliación de coñecementos sobre o uso de novas ferramentas e aplicacións para o deseño asistido por ordenador de infraestruturas de obras lineais a partir da información de campo.A duración do curso é de 30 horas lectivas e as datas de realización son do 4 de novembro ao 2 de decembro de 2009. O horario das clases é de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, os mércores, mentres que o desenvolvemento do curso terá lugar nas aulas de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, 3 – Ourense). O programa do curso inclúe os temas de cartografía dixital, obra lineal, e o docente encargado de impartir o curso é Jorge Vigil Iglesias, enxeñeiro de minas na especialidade de Metalurxia e Materias. Ao remate do curso, os asistentes que completen a formación satisfactoriamente recibirán o correspondente certificado acreditativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario