Galicia rexistrou en outubro un total de 208.923 parados, 8.458 persoas máis que no mes anterior

Infogauda / Galicia
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, explicou estes datos en rolda de prensa, onde explicou que Galicia é a terceira comunidade autónoma onde menos aumentou o desemprego en termos interanuais.
Destacou que máis da metade do incremento de parados correspóndese ao sector servizos, debido á estacionalidade da campaña estival.
Ler máis
Feijóo reitera que a Xunta mantén a súa folla de ruta de falar coas dúas caixas galegas antes de dar a coñecer a súa postura sobre a fusión aos axentes económicos, sociais e políticos
Asegura que o Goberno galego vai ser “cauto, escrupoloso e responsable” á hora de avaliar unha posible fusión das dúas caixas galegas.
Insiste en que o Goberno galego, conforme aos compromisos acadados, está “escoitando” e “traballando conxuntamente” con ambas entidades antes de dar a coñecer a súa posición.
Avoga por que se concrete unha decisión unha vez avaliada e estudada a conta de resultados das entidades, sen frivolizar e sen prantexar “posturas ambiguas”.
Sostén que a postura do Goberno galego non é “dar opinións fáciles” senón traballar nun tema que cualificou de “complexo” e no que, dixo, “nos xogamos moito”.
Ler máis
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior avisa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello por mar de fondo
As ondas poderán acadar os 8 metros de altura no litoral da Coruña e os 7 metros nas augas costeiras de Lugo e Pontevedra.
Igualmente, agárdase mar de vento con áreas de mar moi grosa entre Ortegal e Bares e Bares e Prior e mar grosa no resto da costa galega.
Co fin de previr posibles golpes de mar que poidan arrastrar persoas ou obxectos, recoméndase á poboación evitar achegarse a diques ou rompentes.
Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario