Presentación da estrea en Galicia do documental "Septiembre del 75”

Amnistía Internacional / Vigo
Amnistía Internacional convoca aos medios de comunicación co gallo da proxección do documental "Septiembre del 75”, da productora Pantalla Partida, o martes 3 de novembro ás 20.00 h. no Auditorio do Centro Social Caixanova en Vigo (R/ Policarpo Sanz, 24-26).
A longametraxe aborda o caso do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, un dos cinco últimos executados polo réxime franquista o 27 de setembro de 1975. O documental foi seleccionado na sección oficial de Historia da Semana Internacional de Cine de Valladolid.

Máis información sobre o documental en http://www.pantallapartida.es/septiembredel75/
O acto é parte da campaña de Amnistía Internacional contra a pena capital. 139 países do mundo xa son abolicionistas, pero varios países seguen a impoñer a pena capital e a executar a menores de idade. En Irán houbo un notable incremento das execucións en 2009. En EE. UU. xa se rebasara en setembro de 2009 a cifra total de execucións alcanzada en 2008. Xapón continúa a executar a persoas con enfermidade mental, e o estado de Aceh, en Indonesia, reinstaurou este ano as lapidacións.
Amnistía Internacional lanzou unha ciberacción na súa páxina web www.actuaconamnistia.org para que as autoridades de Arabia Saudí, Irán, Sudán e Iemen suspendan as execucións de menores.
Acto:
Rolda de prensa de presentación do documental: “Septiembre del 75”.
Lugar:
Sede de Amnistía Internacional en Vigo. Marqués de Valladares 12, 3º, of. 9
Data:
Luns 2 de novembro de 2009
Hora:
10.30 h.
Intervirán:
Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional en Galicia
Adolfo Dufour, director e guionista do documental

Flor Baena Alonso, irmá de Xosé Humberto Baena
Ningún comentario:
Publicar un comentario