8 de out. de 2009

SEGUIMOS COS EXEMPLOS DE DEIXADEZ E ABANDONO MUNICIPAL


Un paseo por calquer rúa da nosa localidade, lévanos a topar cantidade de exemplos do estado de deixadez aplicada polo actual equipo de (des)Goberno Municipal.
A bombo e platillo comunicáronlle aos veciños, especialmente aos propietarios do novo edificio da rúa Secundino Melón, que a saída de vehículos hacia a rúa Antonio Lomba ía ter unha gran solución ca instalación dún espello.
Dende fai algún tempo, os usuarios dos garaxes, téñense apersoado no Concello falando ca Policia Local e co concelleiro liberado (que ademais de cobrar un salario da empresa, percibe un bó diñeiro público dos veciños de A Guarda) sigue sen escoltar a reclamación dos afectados, e a algúns reciben como resposta: NON HAI CARTOS PARA COMPRALO. ¿Serán tan caros? Si hai diñeiro para papadas e outras cousas, sacando un pouquiño de cada lado, non é tan difícil acadar a cantidade necesaria para mercalo, e senón que fagan unha recadación entre todos. Ca cantidade de sancións de tráfico, especialmente na zona azul, que se teñen posto este verán, poden adicar os cartos para adquirir varios espellos.
Reclamamos a inmediata reposición deste espello, denantes de que aconteza un accidente e logo os gastos sexan mayores.

A Guarda, a 07 de octubro do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario