8 de out. de 2009

A GUARDA

NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN PARA ASOCIADOS DE ÁBACO



Ábaco / A Guarda
Mediante a presente comunicamos a todos os asociados que próximamente se celebrarán diversas ofertas formativas de carácter gratuíto para mellorar a vosa formación de cara ós vosos clientes e os vosos establecementos.
En concreto trátase de Cursos-Seminarios de 5 horas de duración cada ún e nos cales o que se pretende e a obtención de conceptos prácticos para poder empregalos nas vosas empresas dunha maneira sinxela e práctica. Recomendamos que para os seminarios á mellor maneira de aproveitar os coñecementos dos mesmos é realizando os 6 seminarios, coma se fora un só curso, xa que todos se complementan entre sí.
Todos aqueles asociados que desexen realizar estes cursos de formación deberán porse en contacto con Informática San Benito no 986 608 920 e formalizar deste xeito a súa inscripción. Recordamos que as prazas son limitadas, polo cal vos aconsellamos que fagades a vosa inscripción canto antes.
Cursos a realizar:
- Curso de Comercio electrónico (5 horas)
- Curso de Publicidade Eficáz no Comercio (5 horas)
Seminarios:
-Curso - Seminario A - ATENCIÓN Ó CLIENTE (5 horas)
-Curso Seminario B - COMUNICACIÓN E COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR (5 horas)
-Curso Seminario C - MÁRKETING NO PEQUENO COMERCIO (5 horas)
-Curso Seminario D - ORGANIZACIÓN NO PUNTO DE VENDA (5 horas)
-Curso Seminario E - IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA DE CALIDADE (5 horas)
-Curso Seminario F - XESTIÓN DE QUEIXAS E RECLAMACIÓNS (5 horas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario