7 de out. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN ORGANIZA UN CURSO DE ESTRATEXIAS DE ATENCIÓN AO CIDADÁN NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA




A Deputación de Ourense, a través do seu Negociado de Formación, organiza desde hoxe e ata o vindeiro 4 de novembro, un curso de “Estratexias de atención ao cidadán na administración pública”, que ten coma obxectivo ensinar aos participantes a adquirir as habilidades e técnicas básicas para desenvolver un servizo de calidade na atención ao cidadán, ademais de ensinar técnicas de comunicación oral no traballo.
Infogauda / Ourense

O curso vai dirixido a persoal ao servizo da Administración Local que desempeñen a súa labor en postos de traballo que requiren unha ampla comunicación coa cidadáns ou con outras entidades ou institucións. Asemade, vai dirixido a persoal administrativo de información e atención ao público, e responsables de centrais telefónicas das entidades locais.Outros obxectivos do curso son desenvolver capacidades comunicativas e sensibilizar sobre a importancia da atención ao público para a imaxe e a calidade dos servizos das entidades locais, e reflexionar sobre as formas de actuar que actualmente demandan os cidadáns do persoal de atención ao público.O curso ten unha duración de 30 horas, 21 das cales realizaranse a distancia e 9 serán presenciais (no Centro Cultural da Deputación). O horario das clases presenciais será de 17.00 a 20.00 horas.O programa inclúe módulos sobre a Administración Local, a Comunicación na Administración Local e o Desenvolvemento das habilidades sociais. O profesor que impartirá o curso é José Antonio de Prado Díez, licenciado en Psicoloxía e Filosofía, e diplomado en Maxisterio. Ao finalizar o curso, aqueles alumnos que participen con regularidade e aproveitamento recibirán o correspondente diploma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario