BALTAR CALIFICA DE "IMPORTANTISIMA" A POSTA EN MARCHA DO CITI NO PARQUE TECNOLÓXICO

Infogauda / Ourense
O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, participou esta maña na inauguración do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) que a Universidade de Vigo crea no Parque Tecnolóxico e calificou este feito de "importantísimo" porque supón o enlace do coñecemento universitario co tecido empresarial da nos aprovincia.
Baltar Pumar estivo acompañado do Rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago; o Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da consellería de >Economía e Industria, Ricardo Capilla; o Presidente do Consello Social da Universidade, Emilio Atrio, e o conselleiro de Educación, Jesús Vazquez Abad.De seguido, transcríbese a intervención do presidente da Deputación:"Quixera salientar que, ao meu entender, o acto de hoxe é dunha especial relevancia, dunha trascendencia que vai máis alá da inauguración dun moderno e singular edificio.Hoxe estamos poñendo en marcha unha ponte real, unha ponte física que xungue á nosa universidade co mundo empresarial.Este CITI é o cordón umblical que une o coñecemento formal universitario co mundo práctico da empresa, aportando cada un a súa parte para dar desposta a necesidades concretas.Por este espazo pasa o coñecemento universitario ao tecido empresarial, algo que nos debe dar no futuro importantes réditos, porque ese tecido empresarial vai poder atopar aquí equipos de investigación que lle dean solucións ás súas demandas e os equipos de investigación van atopar nos empreasarios propostas, necesidades e financiamento para avanzar.Este vai ser o lugar das ideas anovadoras, das ideas que nos aporten modernidade, proxección e futuro.A denominación deste lugar é clara. Conxuga a investigación (precisa para avanzar), a transferencia (de coñecementos entre o sector universitario e o noso tecido empresarial) e será o lugar máis propicio para innovar.Debemos mimar este recinto, debemos apostar por él de maneira decidida, porque o noso futuro terá moito que ver co seu funcionamento, coa súa eficacia e co seu compromiso.Estamos poñendo as bases para un futuro, por eso, aquí, fago unha chamada ao noso sector empresarial para que miren para este CITI, para que busquen aquí ideas e solucións novidosas que axuden a mellorar as súas empresas, a súa competitividade e a súa capacidade productiva.Dende hoxe temos unha ferramenta de gran valor. Debemos ser capaces de usala, de usala moito e de empregala ben. Moitas gracias".
Ningún comentario:
Publicar un comentario