7 de out. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN TRAE A 9 PAISES EUROPEOS A TERMATALIA PARA ABRIR PORTAS AOS EMPRESARIOS OURENSÁNS

Infogauda / Ourense

A Deputación provincial de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), traerá a Termatalia a representantes de 9 países europeos coa intención de “abrir portas para os empresarios de Ourense nestes paises, onde hai 100 millóns de potenciais consumidores, onde vai haber un investimento importante en fondos da Unión Europea e debemos aproveitar esa oportunidade”, segundo sinalou hoxe o titular da Deputación , José Luis Baltar Pumar.

O máximo responsable da institución provincial referiuse”ao elevado potencial termal destes países” e á experiencia de casos como Hungría, ademais de Polonia, República Checa, Eslovaquia, Bulgaria, Rumanía, Lituania, Letonia e Estonia, que estarán acompañando ao Inorde en Termatalia.No acto de presentación, ao que tamén acudiu o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto; o xerente do mesmo, José Manuel Rodríguez; o Presidente da Cámara de Comercio, Ovidio Fernández, e o xerente de expourense, Alejandro Rubín, todos coincidiron “na unidade de actuación institucional” e na coincidencia de esforzos e intencións porque en Termatalia “o protagonismo é de Ourense e non dun partido político determinado”.O Inorde, organismo dependente da Deputación, terá na feira dous stands; un cos paises europeos convidados e outro coa oferta turística e termal de Ourense en exclusiva.Tamén promoverá duas conferencias, tendo a Budapest como cidade convidada. Nunha delas ( o día 15 de outubro) participará Istvan Fluck, vicepresidente primeiro da Federación Mundial de Baños Termais para a Medicina e a Climatoloxía (FEMTEC) e impulsor da creacións de Institutos Termais en Hungría, Exipto, Irlanda, Islandia, Kuwait, Gran Bretaña ou Abu-Dhabi.O Presidente da Cámara de Comercio salientou que Termatalia “é un elemento dinamizador da nosa provincia ó promover os nosos recursos” e o xerente de Expourense lembrou a gran capacidade termal de Ourense e o beneficio que lle aporta esta feira.O xerente do Inorde anunciou que a Deputación está elaborando con varios dos paises convidados proxectos de financiamento europeo na area termal para desenvolver a partires do vindeiro ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario