5 de out. de 2009

O ROSAL

A CORPORACIÓN DO CONCELLO DO ROSAL FELICITA Á AGRUPACIÓN MUSICAL DA VILA


Agrupación Musical do Rosal
Foto: Arquivo Juan Ramón Martínez Barbosa
(Remitido)
A Corporación da vila rosalesa desexa facer públicas as súas felicitacións tras o primeiro posto conseguido pola banda de música da Agrupación Musical do Rosal o pasado domingo 4 de outubro no IX Certame de Bandas de Música da Deputación que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A banda do Rosal - que dirixe Diego Javier Lorente López - resultou vencedora na sección especial interpretando a obra obrigada “Meigas”, de Juan-Gonzalo Gómez Deval e máis a obra libre: Pinos de Roma, de Ottorino Respighi, transcr. Yoshihiro Kimura.
As outras bandas que se presentaron nesta categoría foron a Banda de Música Municipal de Silleda (director: Rafael Agulló Albors. Obra libre: Sinfonía nr.1: La Vall de la Murta, de Andrés Valero Castells) e a Unión Musical de Valladares (director: José Iglesias Ramilo. Obra libre: Second Symphony, de James Barnes). Ao final tivo lugar un Concerto de Clausura - coa colaboración de Musical Pontevedra - da Magnifique Bande dos Homes sen Medo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario