5 de out. de 2009

GALICIA

Traballo e Benestar colabora con 110.000 euros na formación para a inserción laboral de 52 persoas con Síndrome de Down



Infogauda / Galicia


A conselleira Beatriz Mato asinou hoxe dous convenios coas asociacións Down Galicia e Down Vigo, que no primeiro caso formará a 22 persoas e no segundo, a 30.
Mato lembrou que o Goberno galego vén de aprobar o incremento de máis de 300 prazas para persoas con discapacidade en centros de día, ocupacionais e residenciais.

Salientou que a taxa de actividade entre as persoas con discapacidade é un 50 por cento máis baixa que na poboación en xeral, e cinco veces por debaixo no caso da discapacidade intelectual.
Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario