Feijóo aposta en Londres por educar no “trilingüismo” para que os mozos galegos “sexan capaces de expresarse en galego, en castelán e en inglés”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou, na tarde de onte, o Centro Galego de Londres onde mantivo un encontro coa colectividade galega na cidade
Infogauda / Londres
O presidente da Xunta adianta un Xacobeo “histórico, austero, cultural e espiritual” na súa visita ao Centro Galego.
Recorda que “á riqueza idiomática que temos, ao bilingüismo cordial do galego e do castelán, do castelán e do galego, lle temos que incorporar un terceiro idioma”.
Lembra que non se pode facer “unha educación como si estiveramos no século XX, porque xa estamos no século XXI”.
“Cincocentos millóns de persoas falan inglés; 400 millóns de persoas falan castelán; 200 millóns de persoas son lusófonas. En definitiva, se temos eses tres idiomas podémonos comunicar practicamente con todo o mundo”, apunta.
Confía en que o 2010 sexa o ano no que “poñamos as bases da recuperación económica, para a partires do 2011 “iniciar unha senda de crecemento para volver a crear emprego, para volver a crear progreso e prosperidade”.
Explica que o Ano Santo Xacobeo “permitirá que case 10 millóns de persoas visiten Galicia”, feito que fará posible “saír antes co resto de España da recesión económica que estamos a vivir”.
Agradece á emigración galega o seu esforzo por “desenvolver Galicia dende a distancia xeográfica” e por ser “portadores dese espírito emprendedor dunha Galicia aberta ao mundo, lonxe de localismos pero sempre vigorosa e respectuosa coa súa identidade”.
Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario