18 de out. de 2009

CAMPOSANCOS

Vista parcial das excavacións arqueolóxicas efectuadas en Saá (Camposancos)

Infogauda / Camposancos
Logo de haber pasado máis de un ano desde que foron feitas as excavacións arqueolóxicas en Saá (Camposancos), a cidadanía non dispón de máis información que a pubricada en diferentes medios de comunicación social.
Desde Infogauda coidamos que a Concellería de Patrimonio do Concello de A Guarda debera facilitar novas respecto a esa actuación, sobor de todo porque é algo que lle compete directa ou indirectamente. Os cidadáns, en xeral, e os guardeses, de xeito especial, teñen/temos dereito a saber todo o referente a tipoloxía e cronoloxía das construccións dese encrave; características das pezas arqueolóxicas que foron atopadas no decurso das excavacións, e sobor de todo, cal será o destino das mesmas, así como se o Concello de A Guarda tén previsto editar unha pubricación sobor desa campaña nesa estación arqueolóxica, así como o futuro da mesma. En definitiva, que o silencio non sexa unha vez máis, unha fuxida hacia ningures, sobor de todo, cando se trata, como neste caso de Patrimonio Arqueolóxico e Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario