15 de out. de 2009

IV XORNADAS SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR E HOMENAXE AO DOCENTE, ORGANIZADAS POR ANPE



O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación das IV Xornadas sobre Convivencia Escolar e da Homenaxe ao Docente 2009, que organiza o sindicato independente de ensino ANPE. O acto contou coa presenza do presidente e secretario de ANPE, José Manuel Fernández e Aurelio Hermida, respectivamente, quen destacaron que o obxectivo das xornadas e poñer en valor o papel do profesor e analizar a situación actual pola que atravesa o ensino, nunha é poca marcada polos problemas de de falta de respecto ao profesor e condutas inadecuadas que se dan nas aulas.
Infogauda / Ourense

O acto central das xornadas terá lugar o vindeiro sábado, 17 de outubro, no Teatro Principal de Ourense, ao que asistirán máis de 400 profesores de toda a provincia de Ourense. Aos actos confirmaron a súa asistencia autoridades locais e provinciais e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Previamente, ás 10.00 horas, haberá unha misa na Catedral “in memorian” dos docentes falecidos o pasado curso, misa que será oficiada polo bispo de Ourense, Luis Quinteiro.Estas xornadas, patrocinadas pola Deputación de Ourense, lévanse a cabo, segundo explicou José Manuel Fernández “na procura dunha maior concienciación social sobre a trascendencia da educación e do importante papel que os docente teñen para o avance económico, social e cultural da sociedade”.Tamén se referiu o presidente de ANPE ao problema da violencia nas aulas afirmando que o progresivo aumento “do ambiente de indisciplina que se está a vivir nas aulas é un dos asuntos máis graves que ten o sistema educativo nestes intres. A actuación mediadora dos docentes pasa por resolver os problemas de autoridade, pero o reforzo desta autoridade ten que ir acompañado dunhas mellores condicións para a intervención sobre os fenómenos da violencia”.ANPE Ourense e o Defensor do Profesor organizan estas xornadas para tentar dar respostas eficaces a todos estes problemas para a mellora da convivencia nos centros educativos da provincia, e ao mesmo tempo ANPE fai unha chamada á sociedade sobre o papel fundamental e a máxima consideración que deben ter os mestres e profesores no exercicio da súa función docente.Neste senso, nesta edición a homenaxe coma “Docente exemplar 2009”, para destacar a figura dun docente, recae en María Fernanda Valcárcel Pestaña, quen pertenceu ao corpo de inspectores. Con anterioridade este galardón foi outorgado a un mestre do rural e a un profesor de ensino medio e FP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario