7 de out. de 2009

A GUARDA

PRESENTACIÓN DA II RUTA DA TAPA










Ábaco / A Guarda
O pasado luns celebrouse no Hotel Bruselas de A Guarda o acto de presentación da II RUTA DA TAPA, ó cal asistiron representantes dos Concellos de A Guarda e O Rosal, grupos políticos, representantes dos establecementos participantes e doutras asociacións da comarca.
Na presentación, iniciada polo vice-secretario da Asociación Ábaco, José Ángel Gándara, interviron o presidente da AsociaciónÁbaco, Ángel Baz Vicente; o alcalde de A Guarda, José Mauel Domínguez Freitas; a Concelleira de Turismo e Comercio, Montserrat Magallanes, o director de Caixanova en A Guarda, Juan Jesús Rodríguez, e o presidente da Cámara de Comercio de Tui , Carlos Dagá Escribano.
Trala intervención dos anteriormente mencionados o presidente da Asociación de Comerciantes Ábaco convidou a todos os asistentes a degustar as tapas dos 24 establecementos que participan nesta II RUTA DA TAPA, que permanecerá activa dende o día 16 de octubro ata o 29 de novembro, en horario de 11:00 h á 13:00 h e de 19:00 h a 21:30 h.
Ángel Baz Vicente, fixo especial fincapé no funcionamento da Ruta, mencionando que todos os que queiran participar nesta edición tan só teñen que achegarse a algún dos 24 establecementos participantes e recoller alí o seu pasaporte, onde a medida que degusten as tapas, irán selando o pasaporte e unha vez completado cos 24 selos, poderán depositalos nas urnas habilitadas para a ocasión en todos os establecementos (Café Bar Bergantín, Marouco de Palla, Tapería O Catre, Restaurante Xantar, Café Trastévere, Casa Chupa Ovos, Restaurante O Ribel, The Celtic Harp, Tapería Arruaz, Restaurante Xeito, Bocatería O Funil, Restaurante La Granja, Pizzería Brétema, Cervecería Zéntral, Cervecería Pool Chaos, Jamonería Avenida, Bocatería O Recuncho, Mesón A Parra, Café Bar O Pasaxe, Restaurante Estación Marítima, Restaurante Casa do Outeiro, Restaurante Novo Mira O Miño, Restaurante Juan e Restaurante As Brasas).
Os ruteiros que depositen os seus pasaportes coa totalidade dos selos e as puntuacións de todas as tapas, recibirán un regalo seguro de un Kit de Cervexa Amstel, participarán no sorteo dunha noite para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico, sorteo dunha fín de semana nunha Casa Rural da Asociación Agarimo e sorteo de vales de consumicións.
Tamén existe a opción de depositar os pasaportes coa metade máis un dos selos(13 selos), e optar ó premio de vales de consumición.
Os demáis participantes nesta presentación amosaronse moi interesados na actividade e coincidiron en indicar que éste tipo de campañas gastronómicas son as que se merecen todo o apoio dende as institucións públicas, xa que dinamizan comercialmente o pobo e crean un bó ambente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario