19 de out. de 2009

A GUARDA

NOITES DE COMEDIA, NO CELTIC



Infogauda / A Guarda

A dirección da cervexaría, tapería e restaurante The Celti Harp, de A Guarda, informa que o vindeiro día 30 deste mes de outubro, escomenza un novo ciclo de monólogos. Será no horario doutras veces, é decir, a partires das 23:30 h. e co mesmo formato de entrada de balde.
"Co noso obxectivo de sempre: sacar un sorriso en clave de humor, a toda aquela xente da Guarda, O Rosal e arredores, que se acercan ata aquí para disfrutar dunha actuación cultural fora do normal", dixo a Infogauda, Oscar Castro, do Celtic.
Nesta primeira actuación da tempada, o artista convidado é Luís Pousada, que visita o Celtic por primeira vez, e agardamos que sexa do agrado de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario