21 de set. de 2009

OURENSE

OURENSE ACOLLERÁ UN CONGRESO SOBRE A DOR E O SEU TRATAMENTO



Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá a XIV reunión da Sociedad Gallega del Dolor, os vindeiros días 25 e 26 de setembro e que se abrirá cunha conferencia inaugural a cargo de Guillermo Solana, Conservador Xefe do Museo Thyssen-Bornemisza, quen disertará sobre “El dolor en el arte”.
Este congreso compaxinará talleres e conferencias, que abranguen dende o uso da ecografía aplicada ao tratamento da dor crónica ate actualizacións en terapia imtervencionista e non intervencionista.A coordinación do congreso corre a cargo da Unidade da Dor do Complexo Hospitalario de Ourense e da doutora Luz Cànovas Martínez e completarase cunha exposición dos traballos seleccionados no Primeiro Premio Nacional de Pintura sobre a dor do Grupo Grunental.Aproveitando a realización deste congreso, terá lugar a celebración na nosa cidade da Asamblea Xeral da Sociedade Galega da Dor.O congreso, declarado de interese sanitario pola Xunta de Galicia, acredita tamén 2,9 créditos. Conta coa colaboración da Deputación provincial de Ourense e do Padroado Provincial de Turismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario