A Xunta de Galicia destaca a importancia de que a poboación reflexione sobre a situación das mulleres sometidas á prostitución

Infogauda / Santiago de Compostela
Desde a Secretaría Xeral da Igualdade, desenvolverán ao longo desta semana unha seria de actos co gallo do Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas.
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, acompañada de José Freire, coordinador da Unidade Móbil de atención ás mulleres prostituidas de Médicos do Mundo Galicia, e do xerente de Área Central Juan Carlos Losada, inaugurou esta mañá en Área Central, a exposición fotográfica "Mulleres de Vida Alegre?", organizada en conmemoración do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario