15 de set. de 2009

A GUARDA

II RUTA DA TAPA
Do 16 de Octubro ó 29 de Novembro



Ábaco / A Guarda
Na reunión mantida hoxe ás 5:30 horas da tarde nas oficinas da Asociación de Comerciantes ‘ábaco’, despois de haberse lido e de ser aprobadas as Bases, deuse por aberto o prazo de inscripción para a participación, por parte dos hostaleiros asociados, na II RUTA DA TAPA.
Ésta campaña gastronómica desenrolaráse dende o venres 16 de Octubro ata o domingo 29 de Novembro nos establecementos que se inscriban (prazo de inscripción ata o venres día 18 de Octubro).
As follas de inscripción están a disposición dos hostaleiros dende hoxe mesmo nas oficinas da Asociación ‘ábaco’ na rúa Manuel Lomba nº7 , de A Guarda, en horario de 9:00 a 13:00 da mañá e de 16:00 a 19:00 da tarde.
Debido ó curto prazo de tempo dispoñible non se admitirán inscripcións fora do prazo establecido.
Para máis información pódese consultar a web da Asociación ‘ábaco’ (www.asociacionabaco.com) ou contactar co número de teléfono 986 610 887.

Ningún comentario:

Publicar un comentario